18/2/13

Destacado do mes: febreiro


Rapoemas é un libro-disco da rapeira Aid no que se musican os grandes clásicos da literatura galega.
Aid é o nome artístico da cantante e compositora de rap Aida Alonso Iglesias. Naceu en 1990 en Vigo, e comezou moi nova a súa carreira musical. En 2004 sae á luz a súa primeira maqueta, “Demo”, e en 2007 a segunda, “Aquí tenéis”. En 2008 gaña a IV edición do Festival Heineken Greenspace, en Valencia, e en 2009 publica o seu primeiro álbum “Jugando”.

14/1/13

Destacado do mes

Comezamos o ano cunha nova sección: Destacado do mes. Nela atoparás unha obra (libro, película ou CD de música) que nos parece especialmente salientable e de interese. 

No  mes de xaneiro destacamos o cómic Dublinés, polo que o seu autor, Alfonso Zapico , recibiu a finais do 2012 o Premio Nacional do cómic. É unha biografía do escritor irlandés James Joyce.

Reseña da noticia no xornal Faro de Vigo

19/12/12

Nadal 2012


O cine e a literatura están intimamente relacionados porque moitas películas están baseadas en obras literarias. Para estas vacacións de Nadal a biblioteca oferta unha selección de película+libro que te vai permitir comparar dúas formas de narrar unha historia.

Boas vacacións e boas lecturas!

25/11/12

Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero: 25 de novembro

A Biblioteca do IES Lama das Quendas de Chantada ven de elaborar dos videos dentro da súa campaña para a eliminación da violencia de xénero. Convidámoste a velos e reflexionar sobre este grave problema.




23/11/11

Ano Internacional dos Bosques II

Corpos arbóreos é un documental de Andrés Victorero de 27 minutos de duración que fala de nove árbores singulares de Galicia. Foi galardonado co Premio “Eugenio Tutor” ao mellor traballo científico documental no 15 Festival de cine de Zaragoza 2010.
Só atopei esta versión es castelán. Onde andará a versión galega?.

Corpos arbóreos (castellano) from Andres Victorero on Vimeo.

20/11/11

2011 Ano Internacional dos Bosques


Con motivo da declaración pola ONU do 2011 como Ano Internacional dos Bosques, o Departamento de Ciencias e a Biblioteca, organizan unha serie de actividades arredor desta celebración.


1º Dentro das actividades do Club de Lectura propomos o libro O home que plantaba árbores de Jean Giono.
2º Unha Olimpíada do Saber que comeza o luns 21 de novembro.
3º Unha selección de libros nos que as árbores son de diferentes xeitos as protagonistas.

Esperamos que vos gusten e participes nalgunha delas.

25/4/11

Día do Libro 2011

Como este ano o 23 de abril estabamos de moi merecidadas vacacións, no instituto adiantamos a celebración ao venres 16: Organizado polo departamento de Lingua Castelá e coa colaboración dos departamentos de Francés, Inglés, Latín, Música, Plástica, Ciclo .... asistimos a un recital de poemas en todas as linguas que se estudian no centro e tamén puidemos escoitar una selección de pezas musicais. Ademais, o concurso de carteis deixou as paredes ateigadas de carteis como podes comprobar.



Parabéns a tod@s.