16/2/17

Ledicia Costas recoméndanos ...

 
Como xa sabedes, o luns 30 de xaneiro a escritora Ledicia Costas estivo connosco na reunión do club de lectura. Contounos moitas cousas e algunhas anécdotas. Tamén nos deixou algunhas suxestións para a lectura que xa tes á túa disposición na biblioteca.



A Aurora Boreal é a primeira parte da triloxía A materia escura de Philip Pullman, que xa está considerada como unha obra clásica na narrrativa fantástica.

 

Neste libro atoparás as dúas primeiras historias desta raza diminuta que vive á marxe da sociedade. É un clásico da literatura xuvenil inglesa e a obra cume de Mary Norton.




Novela de terror gañadora da Medala Newbery 2009, a mellor novela xuvenil estadounidense. Neil Gaiman é o autor dos guións de varias películas baseadas nos seus escritos, como Coraline.

25/11/16

Contra a violencia de xénero

Parabéns ao alumnado e profesorado do ciclo, polas actividades que organizaron este 25 de novembro, para concienciarnos do grave problema social da violencia contra as mulleres.

Quizais te interese saber que foi no ano 1999 cando a ONU declarou o 25 de novembro como Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Elixiuse está data en honor das irmáns Mirabal, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo na República Dominicana.

22/11/16

Recomendación para o mes de novembro

Ola a tod@s!

Este curso imos ter unha sección na que mensualmente destacaremos un libro, película ou Cd de música. Para este mes de novembro eliximos o libro ¿A que altura está o ceo? de Jorge Mira, profesor de Física na Universidade de Santiago e divulgador científico.

No seguinte enlace, ¿A que altura está o ceo?,  podes escoitar a entrevista que  sobre o libro lle fixeron no programa Efervesciencia, espacio de información científica accesible a todos os públicos, e que se emite os domingos ás 15:00 horas na Radio Galega.

 Na biblioteca podes atopar tamén outro dos seus libros: La Ciencia en el punto de mira.

19/1/15

O SISTEMA SOLAR FEITO A MAN

Podes ver unha mostra dos traballos do alumnado de 1º ESO sobre o sistema solar que están expostos na biblioteca.



Se te interesa o tema ler algúns dos libros sobre o tema que completan a exposición. Tamén podes participar na votación para elixir os tres mellores traballos.
Parabéns a profesora María Padrón e ao alumnado de 1º ESO polo estupendo traballo realizado.

9/10/13

O Premio Nacional de Poesía distingue ao galego Manuel Álvarez Torneiro

O escritor Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) vén de gañar o Premio Nacional de Poesía, polo poemario “ Os ángulos da brasa”, editado na colección Tambo da editorial Factoría K. 

No seguinte enlace poderás ler unha entrevista publicada no xornal a Voz de Galicia.

Podes ler do mesmo autor os libros "Habitante único" e "Rigorosamente Humano".

8/4/13

Destacado do mes: abril

Pyongyang, o título desta obra de banda deseñada, é o nome da capital de Corea do Norte. Este país está sendo tristemente noticia polo seu conflicto con Corea do Sur, que esperemos non remate nunha guerra.
O autor, Guy Delise, contanos a súa estancia na capital coreana cun agudo sentido da observación e da ironía. A súa lectura podenos servir como un primeiro achegamaento a este, para moitos, descoñecido país.

5/3/13

Destacado do mes: Marzo

 In Memoriam

O pasado martes finou Stéphane Hessel, con máis de 90 anos escribiu o libro Indignádevos!, que se converteu nun fenómeno editorial en  todo o mundo e foi considerado o inspirador do movemento 15-M e Occupy Wall Street. Tras este éxito, escribe ¡Comprometeos!,  no que dialoga co escritor e activista social Gilles Vanderpooten sobres os grandes retos do noso tempo.
Aceptemos o reto de Hessel e coa lectura dos seus libros reflexionemos sobre o que está a acontecer no noso pais e no mundo global no que vivimos.