9/10/13

O Premio Nacional de Poesía distingue ao galego Manuel Álvarez Torneiro

O escritor Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) vén de gañar o Premio Nacional de Poesía, polo poemario “ Os ángulos da brasa”, editado na colección Tambo da editorial Factoría K. 

No seguinte enlace poderás ler unha entrevista publicada no xornal a Voz de Galicia.

Podes ler do mesmo autor os libros "Habitante único" e "Rigorosamente Humano".

8/4/13

Destacado do mes: abril

Pyongyang, o título desta obra de banda deseñada, é o nome da capital de Corea do Norte. Este país está sendo tristemente noticia polo seu conflicto con Corea do Sur, que esperemos non remate nunha guerra.
O autor, Guy Delise, contanos a súa estancia na capital coreana cun agudo sentido da observación e da ironía. A súa lectura podenos servir como un primeiro achegamaento a este, para moitos, descoñecido país.

5/3/13

Destacado do mes: Marzo

 In Memoriam

O pasado martes finou Stéphane Hessel, con máis de 90 anos escribiu o libro Indignádevos!, que se converteu nun fenómeno editorial en  todo o mundo e foi considerado o inspirador do movemento 15-M e Occupy Wall Street. Tras este éxito, escribe ¡Comprometeos!,  no que dialoga co escritor e activista social Gilles Vanderpooten sobres os grandes retos do noso tempo.
Aceptemos o reto de Hessel e coa lectura dos seus libros reflexionemos sobre o que está a acontecer no noso pais e no mundo global no que vivimos. 


18/2/13

Destacado do mes: febreiro


Rapoemas é un libro-disco da rapeira Aid no que se musican os grandes clásicos da literatura galega.
Aid é o nome artístico da cantante e compositora de rap Aida Alonso Iglesias. Naceu en 1990 en Vigo, e comezou moi nova a súa carreira musical. En 2004 sae á luz a súa primeira maqueta, “Demo”, e en 2007 a segunda, “Aquí tenéis”. En 2008 gaña a IV edición do Festival Heineken Greenspace, en Valencia, e en 2009 publica o seu primeiro álbum “Jugando”.

14/1/13

Destacado do mes

Comezamos o ano cunha nova sección: Destacado do mes. Nela atoparás unha obra (libro, película ou CD de música) que nos parece especialmente salientable e de interese. 

No  mes de xaneiro destacamos o cómic Dublinés, polo que o seu autor, Alfonso Zapico , recibiu a finais do 2012 o Premio Nacional do cómic. É unha biografía do escritor irlandés James Joyce.

Reseña da noticia no xornal Faro de Vigo