25/11/16

Contra a violencia de xénero

Parabéns ao alumnado e profesorado do ciclo, polas actividades que organizaron este 25 de novembro, para concienciarnos do grave problema social da violencia contra as mulleres.

Quizais te interese saber que foi no ano 1999 cando a ONU declarou o 25 de novembro como Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Elixiuse está data en honor das irmáns Mirabal, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo na República Dominicana.

22/11/16

Recomendación para o mes de novembro

Ola a tod@s!

Este curso imos ter unha sección na que mensualmente destacaremos un libro, película ou Cd de música. Para este mes de novembro eliximos o libro ¿A que altura está o ceo? de Jorge Mira, profesor de Física na Universidade de Santiago e divulgador científico.

No seguinte enlace, ¿A que altura está o ceo?,  podes escoitar a entrevista que  sobre o libro lle fixeron no programa Efervesciencia, espacio de información científica accesible a todos os públicos, e que se emite os domingos ás 15:00 horas na Radio Galega.

 Na biblioteca podes atopar tamén outro dos seus libros: La Ciencia en el punto de mira.