20/10/23

A lebre mecánica de Ledicia Costas

 A novela xuvenil A lebre mecánica, de Ledicia Costas ven de ser incluída nos White Ravens 2023, unha selección que cada ano elabora a Internationale Jugendbibliothek de Munich elixindo 200 títulos entre os miles de libros infantís e xuvenís publicados en 57 países e 37 idiomas.

A novela describe a vida normal dos adolescentes. A vida cotiá xira en torno á familia e a escola, mentres que o tempo libre pásase nun monopatín ou laretando cos amigos. Na panda están Corvo e Nana, amigos inseparables. Todo cambia cando Corvo comeza a apostar diñeiro nos xogos de azar.


Non perdas a oportunidade de léelo!!!.

17/10/23

Curso 2023-24: benvidos!

 A biblioteca  comezou a súa andaina, esperamos que as actividades que deseñamos sexan do voso interese.  No blog iremos poñendo información sobre libros e actividades. Non perdas a oportunidade de participar.