26/2/09

Anxo Fariña e os seus megatoxos nos visitan


O venres 27 de febreiro nos visita o ilustrador e escritor Anxo Fariña. O alumnado do 1º ciclo estivo a ler a saga dos megatoxos e terá a oportunidade de falar co seu autor.

Deixanos un comentario coa túa opinión sobre os seus libros e a súa visita.

28/1/09

30 se xaneiro: Día Escolar pola Paz

Dentro das actividades do Día Escolar pola Paz, tes na biblioteca unha pequena selección de libros que tratan o tema da guerra e de como esta afecta a vida cotiá das persoas. Esperamos que atopes algún que che guste.
Tamén podes coller o díptico que preparamos con información sobre esta celebración e esa selección de libros.

A biblioteca do CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO ven de preparar unha webquest sobre o Día da Paz coa que podes aprender máis sobre esta tema.

21/1/09

Club de Lectura LERIAS


Como xa saberás polos carteis o Club de Lectura comeza as súas actividades. O libro proposto é A Cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre. Pasa pola biblioteca e colle o teu exemplar do libro.
O Club de Lectura conta co seu propio blog onde poderás informarte das propostas de lectura e deixar os teus comentarios sobre as mesmas. Tes o enlace na marxe dereita.

26/11/08

Concurso de marcapáxinas


Aqui tedes os deseños presentados ao concurso de marcapáxinas. Agora hai que elexir os que máis vos gustán. Só tes que deixarnos un comentario indicando o número do teu preferido e o teu nome e curso.

¡Esperamos as vosas opinións!