21/2/11

Videoconferencia con Alfonso Zapico


O lun 14 de febreiro, dentro das actividades que sobre a banda deseñada estivemos realizando, tivemos o pracer de contar coa presenza virtual de Alfonso Zapico para falarnos da súa novela gráfica Café Budapest, obra proposta polo club de lectura.

Aproveitamos para recomendarche a lectura da outra obra do autor que temos na biblioteca, La guerra del profesor Bertenev.


16/1/11

Olimpiada do saber


O luns comeza a olimpíada de saber, xa sabes que o tema é a banda deseñada. Non esquezas pasar no recreo pola biblioteca para recoller as instrucións e as primeiras preguntas.

Moita sorte a todos os grupos participantes!!!

Exposición banda deseñada


Do 17 de xaneiro ao 11 de febreiro, teremos no corredor dos departamentos unha exposición sobre banda deseñada que nos ceden dende o IES de Rodeira de Cangas. Ademais realizaremos unha serie de actividades coa banda deseñada como protagonista.
Pásate pola exposición e participa nas actividades.

21/12/10

Boas vacacións



Despois dos momentos de estrés de final de trimestre por fin chegan as merecidas vacacións de nadal. Na da mellor para comezalas que pasar pola biblioteca e levar algún libro. Se non te das decido podes consultar o boletín de recomendacións que dende a biblioteca preparamos para ti.

Boas vacacións

22/11/10

Día da ciencia en galego


O día 4 de novembro celebrouse o Día da Ciencia en Galego. Na biblioteca tes unha exposición con libros en galego das das materias de ciencias. Estará durante todo o mes.



Tamén podes ver o video que María fixo sobre a actividade que os departementos de Tecnoloxía e Bioloxía fixeron para esta data

5/5/10

23 de abril: Día do libro

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro, das moitas actividade organizadas polo Departamento de Lingua Castelá, mostramos os carteis elaborados polo alumnado do centro.

3/5/10

Un producto revolucionario

Ás veces esquezemos que as cousas, canto máis simples, mellores son.