3/5/10

Un producto revolucionario

Ás veces esquezemos que as cousas, canto máis simples, mellores son.

1/3/10

Historia do libro

Do 1 ao 12 de marzo, no corredor da sala de profesores/as tes a túa disposición unha exposición sobre a historia do libro. A exposición foi elaborada polo Equipo de Biblioteca do IES Fernando Esquío de Neda aos que agradecemos a súa xenerosidade por compartir o seu trabalo con nós. No seguinte enlace http://blogfesquio.blogspot.com/2009/04/exposicion-sobre-historia-do-libro.html podes ver o contido da exposición. Durante o recreo podes visitala libremente, nas outras horas haberá compañeiros/as percorréndoa acompañados por algún profesor/a.

Esperamos que vos guste e coma sempre convidámosvos a deixar as vosas opinións.

22/2/10

Visita de Pepe Carballude

Este venres estará connosco o escritor Pepe Carballude para falar da súa última obra Xograres dun tempo novo e responder as vosas preguntas.
Na biblioteca podes atopar outros libros do autor: ¡Maldito D.N.I!, Investigación o91, Historia do home can, S.O.S, Paixase con fondo gris .......

Deixa un comentario coa túa opinión sobre os seus libros e sobre a súa visita.


1/2/10

Parabéns a tod@s


Temos o instituto cheo de grúas pola paz, perdemos a conta do número. Lembramos as palabras que se poden ler no pedestal do monumento a Sadako Sasaki no Parque da Paz de Hiroshima:




“Este é o noso berro,
esta é a nosa pregaria;
paz no mundo”

13/1/10

30 de xaneiro


É o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Para esta efeméride propoñemos dúas actividades: a lectura do libro Sadako e as 1000 grúas de papel da escritora Eleanor Coerr e a elaboración das grúas de papel.

22/6/09

Concurso Marcapáxinas

Por fin temos o resultado do concurso de marcapáxinas, os gañadores son:


Javier Rodríguez García
2º B Bacharelato

Aarón Cameselle Álvarez 4º B ESO

16/6/09

Recomendacións para o verán

Imos deixar dúas recomendacións de lectura para que vaias pensando en que libros vas levar para as vacacións. Tamén podes facernos chegar as túas.

Moonkid e Liberty de Paul Kropp

Trata de dous nenos, Ian e Libby, que son irmáns e viven co pai. O Neno conta o que lle pasa a el e a nena o que lle pasa a ela. Son cousas moi interesantes e cando comezas a lelo queres saber o que vai pasar.
A min no me gusta ler pero cando comecei a ler este libro gustoume, e estaba moi intrigada para saber o que ía pasar e non puiden deixar de ler ata que o acabei, ¡¡¡¡Só tardei 3 días!!!! Tanto me gustou que lle pedin outro parecido á profe.

Raquel Domínguez Alonso 3ºPDC

¡¡ Asústate merche !! de Fina Casalderrey

O libro trata dunha nena que vai a unha excursión organizada por Salvador, o cura do pobo.
Auria odia aos homes porque lle fixeron moito dano á súa nai.Pero na excursion namorase de Paio, un rapaz de Ferrol.
Auria descobre algo sobre Paio e ela e a única forma que ten de escapar é suicidándose.
Se che apetece ler o final do libro cólleo na biblioteca do instituto.É un libro moi interesante e con moita intriga e non podes parar de lelo.
A min gústame ler, pero libros que non me aburran e este é moi fácil porque nunha noite lino.
Aconséllovos que o leades e xa veredes como vos gusta.

Jessica Leyenda Da Silva 3º PDC