Ola a tod@s!
Este curso imos ter unha sección na que mensualmente destacaremos un libro, película ou Cd de música. Para este mes de novembro eliximos o libro ¿A que altura está o ceo? de Jorge Mira, profesor de Física na Universidade de Santiago e divulgador científico.
No seguinte enlace, ¿A que altura está o ceo?, podes escoitar a entrevista que sobre o libro lle fixeron no programa Efervesciencia, espacio de información científica accesible a todos os públicos, e que se emite os domingos ás 15:00 horas na Radio Galega.
Na biblioteca podes atopar tamén outro dos seus libros: La Ciencia en el punto de mira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario