22/6/09

Concurso Marcapáxinas

Por fin temos o resultado do concurso de marcapáxinas, os gañadores son:


Javier Rodríguez García
2º B Bacharelato

Aarón Cameselle Álvarez 4º B ESO

16/6/09

Recomendacións para o verán

Imos deixar dúas recomendacións de lectura para que vaias pensando en que libros vas levar para as vacacións. Tamén podes facernos chegar as túas.

Moonkid e Liberty de Paul Kropp

Trata de dous nenos, Ian e Libby, que son irmáns e viven co pai. O Neno conta o que lle pasa a el e a nena o que lle pasa a ela. Son cousas moi interesantes e cando comezas a lelo queres saber o que vai pasar.
A min no me gusta ler pero cando comecei a ler este libro gustoume, e estaba moi intrigada para saber o que ía pasar e non puiden deixar de ler ata que o acabei, ¡¡¡¡Só tardei 3 días!!!! Tanto me gustou que lle pedin outro parecido á profe.

Raquel Domínguez Alonso 3ºPDC

¡¡ Asústate merche !! de Fina Casalderrey

O libro trata dunha nena que vai a unha excursión organizada por Salvador, o cura do pobo.
Auria odia aos homes porque lle fixeron moito dano á súa nai.Pero na excursion namorase de Paio, un rapaz de Ferrol.
Auria descobre algo sobre Paio e ela e a única forma que ten de escapar é suicidándose.
Se che apetece ler o final do libro cólleo na biblioteca do instituto.É un libro moi interesante e con moita intriga e non podes parar de lelo.
A min gústame ler, pero libros que non me aburran e este é moi fácil porque nunha noite lino.
Aconséllovos que o leades e xa veredes como vos gusta.

Jessica Leyenda Da Silva 3º PDC

21/4/09

23 de abril, Día do Libro



A asociación Espazo Lectura do veciño concello de Gondomar está a organizar unha serie de actividades con motivo desta celebración e invítanos a participar. Aquí tes o programa, tamén podes consultar o seu blog.

Club de Lectura Lerias

A nova proposta do club de lectura é a obra do escritor Mark Haddon, The curious incident of the night-time. Pasa pola biblioteca e colle o teu exemplar.

26/2/09

Anxo Fariña e os seus megatoxos nos visitan


O venres 27 de febreiro nos visita o ilustrador e escritor Anxo Fariña. O alumnado do 1º ciclo estivo a ler a saga dos megatoxos e terá a oportunidade de falar co seu autor.

Deixanos un comentario coa túa opinión sobre os seus libros e a súa visita.

28/1/09

30 se xaneiro: Día Escolar pola Paz

Dentro das actividades do Día Escolar pola Paz, tes na biblioteca unha pequena selección de libros que tratan o tema da guerra e de como esta afecta a vida cotiá das persoas. Esperamos que atopes algún que che guste.
Tamén podes coller o díptico que preparamos con información sobre esta celebración e esa selección de libros.

A biblioteca do CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO ven de preparar unha webquest sobre o Día da Paz coa que podes aprender máis sobre esta tema.

21/1/09

Club de Lectura LERIAS


Como xa saberás polos carteis o Club de Lectura comeza as súas actividades. O libro proposto é A Cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre. Pasa pola biblioteca e colle o teu exemplar do libro.
O Club de Lectura conta co seu propio blog onde poderás informarte das propostas de lectura e deixar os teus comentarios sobre as mesmas. Tes o enlace na marxe dereita.