23/11/11

Ano Internacional dos Bosques II

Corpos arbóreos é un documental de Andrés Victorero de 27 minutos de duración que fala de nove árbores singulares de Galicia. Foi galardonado co Premio “Eugenio Tutor” ao mellor traballo científico documental no 15 Festival de cine de Zaragoza 2010.
Só atopei esta versión es castelán. Onde andará a versión galega?.

Corpos arbóreos (castellano) from Andres Victorero on Vimeo.

20/11/11

2011 Ano Internacional dos Bosques


Con motivo da declaración pola ONU do 2011 como Ano Internacional dos Bosques, o Departamento de Ciencias e a Biblioteca, organizan unha serie de actividades arredor desta celebración.


1º Dentro das actividades do Club de Lectura propomos o libro O home que plantaba árbores de Jean Giono.
2º Unha Olimpíada do Saber que comeza o luns 21 de novembro.
3º Unha selección de libros nos que as árbores son de diferentes xeitos as protagonistas.

Esperamos que vos gusten e participes nalgunha delas.

25/4/11

Día do Libro 2011

Como este ano o 23 de abril estabamos de moi merecidadas vacacións, no instituto adiantamos a celebración ao venres 16: Organizado polo departamento de Lingua Castelá e coa colaboración dos departamentos de Francés, Inglés, Latín, Música, Plástica, Ciclo .... asistimos a un recital de poemas en todas as linguas que se estudian no centro e tamén puidemos escoitar una selección de pezas musicais. Ademais, o concurso de carteis deixou as paredes ateigadas de carteis como podes comprobar.



Parabéns a tod@s.

21/2/11

Videoconferencia con Alfonso Zapico


O lun 14 de febreiro, dentro das actividades que sobre a banda deseñada estivemos realizando, tivemos o pracer de contar coa presenza virtual de Alfonso Zapico para falarnos da súa novela gráfica Café Budapest, obra proposta polo club de lectura.

Aproveitamos para recomendarche a lectura da outra obra do autor que temos na biblioteca, La guerra del profesor Bertenev.


16/1/11

Olimpiada do saber


O luns comeza a olimpíada de saber, xa sabes que o tema é a banda deseñada. Non esquezas pasar no recreo pola biblioteca para recoller as instrucións e as primeiras preguntas.

Moita sorte a todos os grupos participantes!!!

Exposición banda deseñada


Do 17 de xaneiro ao 11 de febreiro, teremos no corredor dos departamentos unha exposición sobre banda deseñada que nos ceden dende o IES de Rodeira de Cangas. Ademais realizaremos unha serie de actividades coa banda deseñada como protagonista.
Pásate pola exposición e participa nas actividades.