Este venres estará connosco o escritor
Pepe Carballude para falar da súa última obra Xograres dun tempo novo e responder as vosas preguntas.
Na biblioteca podes atopar outros libros do autor: ¡M
al
dito D.N.I!, Investigación o91, Historia do home c
an, S.O.S, Paixase con fondo gris .......
Deixa un comentario coa túa opinión sobre os seus libros e sobre a súa visita.
4 comentarios:
Anxo Cedeira García 2º Bach. B
Maldito DNI
O momento máis interesante do libro, ó meu parecer, foi cando o protagonista decide que quere figurar como morto para liberarse do DNI xa que persoalmente non supón ningunha carga e é moi útil.
Penso que o protagonista sufriu algún tipo de demencia xa que o seu comportamento non é normal. A maneira de actuar de Don Olimpio Montes foi moi egoísta polo feito de implicar á súa muller no seu acto ilegal.
Tamén penso que foi imprudente manifestando actos de presencia como ir ó cine, chamar ó teléfono do Portugués e outros actos, non obstante a falsificación dos documentos estaba ben feita. A muller tamén mantivo unha postura un tanto egoísta xa que non lle dixo ós fillos a verdade do seu marido. Se eu me puxese no lugar
dela denunciaría ó meu marido no momento que descubrise a farsa. Tamén observo unha postura ambiciosa nela xa que, no momento de que se decatou da herdanza do padriño de seu home, delatouno dicindo que estaba de viaxe.
O final desgustoume un pouco.
O libro é fácil de ler e ademais é curto, por iso llelo recomendo a aquela xente á que lle guste ler e á que non teña moito tempo para facelo.
Patricia Pereira Santos 2º B Bach
Maldito DNI
O motivo principal polo cal lin este libro foi debido a que mo recomendaron.
As palabras que me dixeron foron estas: "é moi sinxelo de ler e moi entretido"; e eu suscribo talmente esas palabras.
Pareceme un libro moi sinxelo , e moi rápido de ler , ao igual que outros libros deste autor,Pepe Carballude.
A lingua que emprega é moi sinxela e o vocabulario moi simple.
A historia trata dun home que decide finxir a súa morte, para evitar aparecer nos rexistros , ter que pagar impostos...
El achaca todo ese problema ao D.N.I , de aí o título do libro, polo que ve como solución máis viable a invención da súa morte.
Unha vez levada a cabo, cóntallo a súa muller para que lle axude a planificar o enterro e evitar que a xente sospeite, nin investigue as etrañas circunstancias do acontecido.
Pero co que non conta el e que un día que decide ir ó cine , un control de policía o pare e, ao pedirlle a documentación, resulta que nos datos da central aparece coma morto.
Este policía decide investigar todo este asunto, e descobre todo o plan cando este home, Olimpio Montes, non pode recibir unha herdanza millonaria por estar morto.A muller deste obrígao a que diga a verdade ,e ante a negación deste , decide internalo nun centro para discapacitados mentais; xa que a súa obsesión polo carné de identidade non era normal.
Eu recomendo a súa lectura , sobre todo se se quere pasar un momento agradable e divertido.
Abraham Martínez Santos
É un libro moi interesante xa que ten mantén pendente del durante toda a obra. Dende o comezo xa sabes que algo estrano vai ocorrer.
Don Olimpio Montes decide suicidarse pero só nos documentos de identidade polo que para o mundo el está morto, inda que el vai pola cidade moi vivo.
A partir da súa morte xa quedas intrigado xa que deduces que non podera manter o seu segredo.
O libro, a demais de ser curto, é fácil de ler porque te mantén na intriga de que descubran que Olimpio segue con vida.
É un tema entretido o ver que, se desapareces duns simples papeis, desapareces do mundo.
Con isto o autor demóstranos o controlados que estamos na sociedade actual xa que a nosa vida e todo o que sucedeu nela aparece nun simple ordenador o que calquera pode ter acceso.
O final Olimpio volvese tolo debido a que non quere volver a aparecer nos papeis quere ser libre, e dálle igual perder unha grandisima suma de cartos cos que poderia vivir tranquilamente toda a súa vida.
ÁNGELA FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ
2ºB BACH.
Neste libro, Maldito DNI, mostra os medos dun home polo carnet de identidade.
Isto é, está farto de depender dun anaco de papel, que sempre estea vixiado, e que non poda ser libre, polo que a súa decisión consiste en darse por morto, isto é, vai finxir a súa propia morte dun ataque ó corazón para poder vivir sen limitacións o que sempre quixo, ou coma el di, librarse desa enfermidade do DNI.
PAra conseguilo implica a súa muller, para que o axude, organizando o enterro, entre outras cousas.
ouco despois, un medico, amigo do morto e un policia ( o cal o descubrira un día volvendo do cine) comezan a sospeitar, o primeiro porque antes de facer todo o paripe da súa morte acudira a el para que certificase a súa morte, e o segundo para limpiar o seu honor.
entre os dous o acaban descubrindo, aínda que o fai el só, descóbrese a si mesmo, cando descubre que ten unha gran herencia dun tío que morreu e o único que precisa é estar vivo.
Finalmente resulta que este home remata tolo, aínda que dende o meu punto de vista xa o estaba dende o instante no que pretende facerse pasar por morto ante o estado.
A mín non mo recomendaría, xa que amosa a toleira dun home que implica a súa propia muller nas súas toleiras, pero pode ser entretido para quen lle gusten esas historias.
Publicar un comentario