Temos o instituto cheo de grúas pola paz, perdemos a conta do número. Lembramos as palabras que se poden ler no pedestal do monumento a Sadako Sasaki no Parque da Paz de Hiroshima:
“Este é o noso berro,
esta é a nosa pregaria;
esta é a nosa pregaria;
paz no mundo”
9 comentarios:
ANA MARÍA MORELL 4ºC
Gustoume moito o libro de Sadaco e as mil grúas de papel.Pero deume moita pena que morrera a nena.Encantoume facer grúas na clase.
Iván Vilas Estévez 4 Eso
Pareceume algo entretido, pero non me gustou que ó final morrese Sadaco a causa da radición provocada pola explosión da bomba atómica na guerra .
Chamoume a atención que logo fixesen unha exposición de grúas , igual cá que fixemos no instituto.
Xeila Bermúdez Docabo 4ºC
SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL:
O libro pareceume moi entretido,aínda que é un pouco triste,pero gustoume moito.Eu non sabía que pasará iso en Hiroshima e impresionoume moito todo o que sucedeu.A parte que máis me gustou foi cando Sadako estaba no hospital, coñeceu a un rapaz e contoulle a súa historia.
Pareceume moi ben o das grúas.Deberíase de facer cousas así todos os anos.
Jesús Suárez Longueira 4ºc:
Sadaco e as 1000 grúas de papel.
-Este libro gustoume porque trataba dunha rapaza que morreu por culpa da radiación da bomba atómica que tiraron os estadounidense en Hiroshima para acabar a 2º Guerra Mundial.
-A exposición das grúas foi moi bonita, e queda precioso. É moi doado facer as grúas
Alicia Baz Rouco 4ªc:
Este libro fÍxome recordar o que pasara en Hiroxima.O libro de sadako e das mil grúas de papel pareceume entretido.
O de facer as grúas pareceume algo aburrido.Pero,ó velas na entrada,quedan ben.
Raquel Domínguez Alonso 4ºC
Este libro gustoume porque era moi interesante, pero o que non me gustou foi o final porque eu pensaba que Sadako ía vivir e levei unha gran decepción.
A exposición das grúas paréceme unha cousa que se debería facer noutros centros.
A exposición de grúas que está na entrada pareceme unha cousa moi bonita.
Jessica Leyenda da Silva 4ºC
Gustoume moito o libro e deume bastante pena a rapaza xa que, por culpa da bomba atómica, ela colleu a enfermidade e morreu, o positivo do libro é que a rapaza cre que, facendo as mil grúas de papel, os deuses daranlle máis vida pero non foi así.
A exposición das grúas na entrada do instituto estivo ben, e creo que o deberían facer todos os institutos.
Pedro González García de 4ºc.
Sadako e as mil grúas de papel.
O libro gustoume porque era moi interesante e ademais foi un feito histórico.
Cando fixemos as gruas de papel, foi unha boa actividade.
Frco. Javier Carballal Penedo 4ºPDC
O libro de Sadako e as mil grúas é interesante.Tamén me gustou facer grúas de papel na clase,aínda que non me saen moi ben, pero coa axuda dos meus amig@s e a profe conseguín facer moitas.
Publicar un comentario