O venres 27 de febreiro nos visita o ilustrador e escritor Anxo Fariña. O alumnado do 1º ciclo estivo a ler a saga dos megatoxos e terá a oportunidade de falar co seu autor.
Deixanos un comentario coa túa opinión sobre os seus libros e a súa visita.
11 comentarios:
Anxo fariña é moi simpático ,falounos de como fecer debuxos e el fixo un debuxo moi bonito.Xa na escritura a idea dos megatoxos xurdiu dunha cea cun amigo.O final
Preguntamoslle moitas cousas.Estivo moi ben.
CARLOS XOSÉ PAZ-1ºA
Para min, que viñera non era moi especial,pois viñera o ano pasado ao noso antigo colexio.Gustoume moito os debuxos e ilustracións graciosas que fixo sobre un alumno e tres caixas.Pero as ilustracións dos Megatoxos foron as mellores,e logo cando nos dixo que estaba rematando o terceiro libro nos ilusionamos moito.Os que trouxemos o libro dos Megatoxos firmóunolo.En resumo foi moi divertido.
Marcos e Joel 1ºA
Para min a charla, foi moi interesante. Falou de como se inspirou para facer o libro dos Megatoxos, fíxoo dunha forma moi interesante. Enxeñounos como debuxaba, e sacou a un voluntario para facer o seu retrato de forma divertida e simpática, explicounos moitas cousas interesantes. Tamén fíxonos rir, a charla foi moi divertida.
Explicounos como facer debuxos fáciles e simples, por exemplo cunha caixa de cartón. Dixo como empezou a escribir e que non tivéramos medo a facer cousas novas.
Clara González Dacuña
Pareceume unha boa persoa,era divertido ,aínda que todavía no lin os seus libros teño que lelos. Dixo que podía facer un libro con calquera cousa. Que para escribir algo só se precisa ter gañas de escribir .
Eu creo que Anxo Fariña debería escribir moitos mas libros dos ´´Megatoxos`` , porque vese que se lle da moito mellor k escribir libros para nenos pequenos.A min gustoume moito ´´Os megatoxos e o aprendiz de druída tamén debe escribir mais libros deses
por:Adrian Morais y David Rodriguez
Gustoume como debuxante xa que , debuxou unha caixa e con ela facía cousas
abraiantes.
Un amigo díxolle que fixera un libro máis grande , e o fixo.
A todos gustoulle o libro , unha nena díxolle que fixera máis libros é así o fixo.
Agora todos podemos disfrutar dos libros dos MegaToxos. Diego Sanromán-1ºA
A conferencia foi bastante entretida, explicounos como chegou a ser un gran escritor e debuxante.Tamen nos dixo que el facía contos para nenos pequenos.
Un amigo del retouno e díxolle se podía facer un libro cun toxo.
E así foi como Anxo Fariña fixo o libro dos MEGATOXOS,pensando nun toxo e catro protagonistas.
Cando o ensina a editorial,dixéronlle que deixara de facer ese tipo de libros,con tanta letra e poucos debuxos.
Un día Anxo leu un mensaxe electrónico dunha rapaza ,que lle dicía que lle encantara o libro dos MEGATOXOS e preguntoulle se ía facer a segunda parte. E gracias a esa mensaxe Anxo sigue publicando os libros dos megatoxos.
Na conferencia debuxou a un rapaz, que lle puxo ás e cornos,tamen debuxou catro caixas que as converteu nun coche,outras dúas en namoradas e a última fixo a o fillo dos namorados
Pareceume moi divertido cando retratou a un neno con unas mans moi raras e con outras cousas mais.
Pareceume moi raro fixera o libro so para gañar unha aposta que fixera co o seu amigo.
O mais gracioso foi cando tocou o turno de facer preguntas e como ninguén facía ningunha ,fíxose por un alumno.
Pareceume bo dibuxante e un bo escritor aínda ca súa letra non se entende moito.
Maria Pérez Cedeira-1ºA
Anxo fariña é un home moi simpático, que lle gusta aos nenos, gústalle escribir e debuxar, fai contos para rapaces pequenos con debuxos de monstruos.
Sabe facer debuxos de “todas as cousas”, e inventar personaxes do que ve.
Contounos que el cando quixo facer un conto,non se lle ocorría nada se estaba na casa, e que tiña que saír a unha cafetería a “facer un conto”,escribir dúas paxinas.
Non sabía porqué se intentaba escribir na súa casa non lle saía nada e noutro lado si.Díxonos que o libro dos MEGATOXOS fíxoo desta maneira: estaba na casa dun amigo e díxolle que ía facer un conto,e o amigo díxolle que non podía. Despois o amigo lle dixo que o fixese coa cousa que el lle sinalaba pola ventá .
Anxo mirou pola ventá e viu que o amigo sinaláballe un toxo,e lle estaba a dicir que non ía poder facelo.Anxo díxolle que apostaban algo,e decidiron apostar unha cea.
O que mais me sorprendeu a min , foi que fixo o personaxe que quixo cunha caixa e que a un rapaz debuxouno e lle puxo cornos e un montón de cousas máis.
Wilson Gastón Pérez Da Silva-1ªA
Na conferencia de Anxo Fariña, el explicounos como empezou a escribir Os Megatoxos. Dixo que fixera unha aposta, a que el era capaz de escribir un conto, apostaron unha cea cun amigo. A el gustáballe máis debuxar que escribir.
Debuxou a Pablo un rapaz de 3º da ESO e fíxolle ás, unha espada, etc.
Logo contounos que dunha caixa de cartón podía saír: un coche, dúas caixas namoradas, etc.
Tamén nos contou que ao principio facía contos para nenos pequenos.
Ao final díxonos se queriamos facerlle algunha pregunta e só houbo dúas ou tres.
Antes de marchar para a nosa clase firmounos o libro dos Megatoxos
Sara González Camesella-1ºA
De parte dos da Clase de TIC de 1 bacharelato A moi bo o blog. É didático e entretido á vez. Ós alumnos de BACHARELATO non nos levaron a ver a ese home "que pena,,,,". Un saudo
....espero que suba nota...
Publicar un comentario