8/3/24

8 de marzo



Para conmemorar este día de loita pola igualdade
 preparamos unha selección de libros que dende a biblioteca consideramos interesantes para informarte e reflexionar sobre o feminismo e a igualdade.

Esperemos que sexan do voso interese.

Boas lecturas!!!

30/1/24

30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Para reflexionar sobre as consecuencias das guerras e da violencia como forma de resolución de conflito, tes na biblioteca unha selección de libros e algunha película con esta temática. Anímate a coller algún.



9/11/23

Yolanda Castaño, premio Nacional de Poesía



 A  poetisa galega Yolanda Castaño, ven de recibir o premio Nacional de poesía polo seu libro Materia

Podes escoitar o postcat do programa de rtve El ojo crítico  onde fala do libro.

8/11/23

O Club de lectura bota a andar

 



Se estás interesado ou interesada na lectura achégate o xoves 16 á biblioteca, coñecerás as primeiras propostas de lectura.



Anímate e participa!!!!!



Club de manga

 



Hoxe tivo lugar a primeira quedada do alumnado interesado no manga. Se non te decataches ou non puideches vir, non te preocupes, vanse reunir todos os mércores.




Lecturas de Samaín



Para este tempo de defuntos preparamos unha selección de títulos para que pasedes un chisco de medo


Esperamos que sexan do voso agrado!!! 


20/10/23

A lebre mecánica de Ledicia Costas

 A novela xuvenil A lebre mecánica, de Ledicia Costas ven de ser incluída nos White Ravens 2023, unha selección que cada ano elabora a Internationale Jugendbibliothek de Munich elixindo 200 títulos entre os miles de libros infantís e xuvenís publicados en 57 países e 37 idiomas.

A novela describe a vida normal dos adolescentes. A vida cotiá xira en torno á familia e a escola, mentres que o tempo libre pásase nun monopatín ou laretando cos amigos. Na panda están Corvo e Nana, amigos inseparables. Todo cambia cando Corvo comeza a apostar diñeiro nos xogos de azar.


Non perdas a oportunidade de léelo!!!.